Friday 17 de May de 2024

Novos internautas no concello de Ordes


Preto de 40 veciños e veciñas recibiron de mans dos concelleiros Susana García e José Manuel Mira o diploma que os acredita como persoas aptas no manexo de ordenadores. Todo isto grazas ao seu esforzo e aos cursos organizados polo Concello de Ordes, os cales se desenvolveron ao longo dos últimos tres meses. Ademais das ferramentas ofimáticas máis habituais tamén tiveron ocasión de explorar as posibilidades que ofrece Internet. Páxinas web, redes sociais, correo electrónico e plataformas para a búsqueda de emprego e a elaboración de currículums foron algúns dos espazos que a día de hoxe xa poden utilizar sen problema. Tanto Susana García como José Manuel Mira quixeron compartir este momento con todas e todos eles e intercambiar impresións sobre as clases e o curso, no cal aprenderon “moitas cousas a pesar de que a maioría nin sabía encender un ordenador”, según os mesmos alumnos e alumnas. Ambos rexedores insistiron na importancia de seguir ampliando coñecementos nesta área, “algo no que o Concello continuará traballando”, según explicaron.